ASEMBLEA XERAL 2018
O día 23 de Maio do 2018, tivemos no Salón de Actos do Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín, a primeira Asemblea Xeral Ordinaria do ano 2018, na cal tratáronse os seguintes puntos:
- Aprobación da Acta anterior (07-06-2017)
- Resumo dos proxectos tramitados no ano 2017
- Presentación dos novos proxectos do ano 2018
- Presentación do Manual de Procedemento da Asociación Monteval
- Informe de Xestión, Revisión de Obxectivos e Indicadores
- Actas das Xuntanzas de Asembleas Xerais, Xuntas Directivas e relación actualizada dos membros do GDR-9
- Resumo das contas da asociación do ano 2017
- Plan de Formación 2018
- Rogos e Preguntas
A afluencia e participación nesta ocasión foi moi satisfactoria, desde o equipo de xestión da Asociación Monteval queremos dar as grazas a todos polo seu interese e participación