AXUDAS A PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS 2019-2020
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ven de publicar no DOGA, (28/01/2019) a convocatoria de axudas para adquisición de equipamentos produtivos e a execución de obras necesarias para a súa instalación, destinadas para pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias.
Destacables da Orde:
Prazo de presentación (29/01/2019 – 28/02/2019)
Persoas beneficiarias:
- As microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2018
- Persoas físicas que residan nunha zona rural.
- Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación
Os gastos que serán subvencionables:
- Compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para o seu desenvolvemento.
Enlaces as bases en pdf e áo DOGA
Enlace a sede para tramitación