CURSO INTRODUCIÓN Á MICOLOXÍA
Para rematar a formación deste ano ofrecemos este curso na Gudiña.
Os temas a tratar neste curso serán os seguintes:
- Introdución á bioloxía dos fungos.
- Os cogomelos. Anatomía e pautas de identificación.
- Achegamento ás especies máis coñecidas.
- Saída ao campo e identificación dos cogomelos atopados en distintos ecosistemas.
O curso constará de dúas xornadas teóricas de 3,00 h de duración e unha saída ao campo de 4,50 h de duración.
Fechas – Horarios: Comezo 13 de Novembro de 2018
Lugar: Casa da Viúva. A Gudiña
Inscripción gratuita:
No concello de A Gudiña
Nas nosas oficinas do polígono de Pazos ou chamando ao teléfono 988590233