CURSO PANIFICACIÓN TRADICIONAL
CURSO: PANIFICACIÓN TRADICIONAL
Moitas grazas polo voso interese, pero xa temos todas as prazas ocupadas. Informarémosvos dos horarios definitivos e dos grupos
Neste curso, os nosos participantes lembraranse do famoso programa de cociña dos 80, porque realmente van estar na cociña coas mans na masa.
Os temas mais interesantes a tratar neste obradoiro serán os seguintes:
1.Materias primas e instrumentos necesarios para a elaboración: A Tafona
2.Tipos de fariñas.
3.Fermentos naturais (masa nai): Elaboración, activación e conservación.
4.Técnicas de elaboración:
- Elaboración da masa
- O Proceso de fermentación
- Amasado
- Formación das Pezas
5. Enfornado e cocción do pan.
LUGAR: A RASELA (Verín), nun entorno ben coñecido polo Leader, debido ao proxecto levado a cabo por Andrés Rodríguez de "Edificio e Equipación Maquinaria Destinado a Panadería, Pastelería e Derivados de Lácteos" na anualidade 2017-2018.
COMEZO: 14 de Setembro de 2020 en Horario de Tarde
A duración do curso será de 12 horas distribuídas en tres xornadas e con grupos reducidos de 8 participantes, coa fin de preservar ao máximo a seguridade e saúde de tódolos asistentes.
INSCRICIÓN: Gratuita na oficina de Monteval (Polígono de Pazos) ou no 988.59.02.33