CURSO REPOSTERÍA TRADICIONAL
CURSO: PASTELERÍA E REPOSTERÍA TRADICIONAL
Volvemos logo dun curto verán a meternos de novo na cociña e gozar coa maxia da repo
stería.
Os temas mais interesantes a tratar neste obradoiro serán os seguintes:
1. Aparellos e maquinaria na pastelería e repostería.
2. Materias primas auxiliares.
3. Técnicas e operación básicas en pastelería e repostería.
4. Elaboracións básicas:
- Cremas e recheos doces e salgados
- Masas e pastas
- Outras elaboracións básicas en pastelería e repostería
- Decoración e conservación en pastelería e repostería
Este curso terá un carácter eminentemente práctico.
LUGAR: A RASELA (Verín), nun entorno ben coñecido polo Leader, debido ao proxecto levado a cabo por Andrés Rodríguez de "Edificio e Equipación Maquinaria Destinado a Panadería, Pastelería e Derivados de Lácteos" na anualidade 2017-2018.
COMEZO: 21 de Setembro de 2021 en Horario de Tarde
A duración do curso será de 12 horas distribuídas en tres xornadas e con grupos reducidos de 8 participantes, coa fin de preservar ao máximo a seguridade e saúde de tódolos asistentes.
INSCRICIÓN: Gratuita na oficina de Monteval (Polígono de Pazos) ou no teléfono 988.59.02.33