CURSOS FORMACIÓN “AVANZAR EN TEMPOS DIFÍCILES”
A Asociación Monteval GDR-9 segue apostando polo empresariado local como clave para o desenvolvemento económico do territorio que atende.
Ante esta situación, Monteval inclúe dentro das actuacións previstas para 2018 dous cursos formativos gratuitos coas últimas metodoloxías en temas de xestión e desenvolvemento de negocios. Desta forma o alumnado aprenderá da man de ferramentas tan innovadoras como Lego Serious Play, Gamificación, Lean Startup ou Design Thinking, as cales son utilizadas na actualidade en lugares tan recoñecidos como na City londinense ou en Silicon Valley.
Trátase de formacións eminentemente prácticas e animadas onde os organizadores irán propoñendo aos participantes unha serie de desafíos para os que terán que exprimir a súa creatividade, así como de colaborar cos seus compañeiros de equipo. En definitiva, búscase fomentar hábitos que serán moi útiles para o día a día dos seus negocios e que poderán ser postos en práctica desde o minuto uno.
Organízanse dous cursos para poder atender dúas necesidades diferentes. Un deles se desenvolverá en horario nocturno (de 20:00h a 22:00h) durante oito días, para permitir que o empresariado poida asistir ao pechar os seus negocios. Ao mesmo tamén poden asistir emprendedores que queiran coñecer as últimas metodoloxías de desenvolvemento empresarial.
A segunda formación, pola súa banda, ten unha duración de catro tardes, de 16:00h a 20:00h, estando dirixida principalmente a técnicos de entidades públicas e privadas que buscan o desenvolvemento económico do territorio. Con este público traballaranse ferramentas que logo poderán utilizar para apoiar aos emprendedores e empresarios que soliciten os seus servizos.
A inauguración de ambas actividades realizarase de forma conxunta no Castelo de Monterrei o vindeiro xoves 26 de setembro, ás 13:00h. A mesma contará co respaldo da conselleira de Medio Rural, quen asistirá acompañada de numerosos alcaldes da zona, outras autoridades e o propio alumnado.
O resto de clases desenvolveranse ata o 15 de outubro nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín, situado no polígono de Pazos.
INSCRIPCIÓN:
Ambos talleres teñen carácter gratuito.
O prazo de inscripción finaliza o 25 setembro.
A inscripción pódese realizar nas propias instalacións da Asociación Monteval no Polígono de Pazos en horario de 9:00h a 14:30h, chamando ao teléfono 988 590 233 nese mesmo horario ou escribiento ao correo formacion@apoio.coop facilitando nome, DNI, teléfono e correo electrónico.
HORARIO:
Curso de Dinamización dos Técnicos do Territorio do GDR 9 (20h) | |||||
Inicio | Fin | Duración | Día | Lugar | |
Inauguración | 13:00 | 20:00 | 7:00 | Miércoles 26 sept | Castillo + Centro Cooperativo |
Día 2 | 16:00 | 20:00 | 4:00 | Miércoles 3 oct | Centro cooperativo |
Día 3 | 16:00 | 20:00 | 4:00 | Lunes 8 oct | Centro cooperativo |
Día 4 | 15:00 | 20:00 | 5:00 | Miércoles 10 oct | Centro cooperativo |
Curso de Dinamización Emprendedora no Territorio do GDR 9 (16h) | |||||
Inicio | Fin | Duración | Día | Lugar | |
Día 1 | 20:00 | 22:00 | 2:00 | Miércoles 26 sept | Centro cooperativo |
Día 2 | 20:00 | 22:00 | 2:00 | Lunes 1 oct | Centro cooperativo |
Día 3 | 20:00 | 22:00 | 2:00 | Martes 2 oct | Centro cooperativo |
Día 4 | 20:00 | 22:00 | 2:00 | Miércoles 3 oct | Centro cooperativo |
Día 5 | 20:00 | 22:00 | 2:00 | Jueves 4 oct | Centro cooperativo |
Día 6 | 20:00 | 22:00 | 2:00 | Lunes 8 oct | Centro cooperativo |
Día 7 | 20:00 | 22:00 | 2:00 | Martes 9 oct | Centro cooperativo |
Día 8 | 20:00 | 22:00 | 2:00 | Miércoles 10 oct | Centro cooperativo |