CURSOS MONTES FUNCIONAIS
Comezamos co noso plan de formación para este novo período leader, estes serán os cursos para este ano 2025
MONTES MULTIFUNCIONAIS: APROVEITAMENTO DOS RECURSOS E XESTIÓN SUSTENTABLE
Curso 1: Aproveitamentos non materiais dos montes. 60 horas
Unidades temáticas:
- O Monte coma reserva de biodiversidade (vexetal, animal, fungos, …)
- Os ecosistemas e a súa dinámica. Bosques e plantacións. Estabilidade ecolóxica.
- O Monte coma protector do chan evitando e minimizando a erosión.
- Os procesos erosivos, fundamentos de edafoloxía. O problema dos lumes forestais.
- Capacidade do monte para a regularización de recursos hídricos e do ciclo da auga.
- Fundamentos de hidroloxía, cuncas, cursos estacionais e permanentes, dinámica da precipitación.
- Función social, de ocio e cultural do monte.
- A Xestión do patrimonio histórico e arqueolóxico. Actividades deportivas. Actividades recreativas
- Función paisaxística.
- A paisaxe. Sociedade tradicional e usos do monte. O Abandono das actividades e a degradación da paisaxe. Ecosistemas seminaturais
Curso 2: Aproveitamentos materiais dos montes. 60 horas
Unidades temáticas:
- Silvopascicultura.
- Uso gandeiro dos montes. Pasteiros de montaña. Razas autóctonas de gando na comarca.
- Produción de castaña
- Castiñeiro para a produción de froito. Variedades de castaña da comarca. Fitopatoloxía do castiñeiro.
- Produción agrícola nos montes
- Os bacelos de montaña na comarca de Monterrei. Produción de uva de calidade. Variedades. Aptitude dos chans e exposicións recomendadas.
- A produción de madeira
- Especies empregadas tradicionalmente na comarca. Posibilidades de produción de madeira de calidade con especies autóctonas. Valorización dos subprodutos forestais.
- Os dereitos de emisión de CO2
- Outros aproveitamentos do monte:
- A Caza. Os recursos micolóxicos. Herbas medicinais. Pequenos froitos forestais. O Mel.
Estes cursos terán un carácter eminentemente práctico. A duración dos mesmos será de 60 h distribuídas en diferentes sesións coas súas correspondentes actividades.
LUGAR: POLÍGONO DE PAZOS (Verín)
COMEZO: PRIMEIROS DE ABRIL DE 2025
INSCRICIÓN NAS OFICINAS DA ASOCIACIÓN MONTEVAL (POLÍGONO DE PAZOS)
TLF: 988.59.02.33