Elaboración da Nova Estratexia de Desenvolvemento Local
A Asociación Monteval continúa dando pasos na elaboración da súa Estratexia de desenvolvemento local para o período 2023-2027. A vindeira semana porase en marcha un novo proceso participativo para seguir a desenvolver esta estratexia que, enmarcada no Plan estratéxico da Política Agraria Común 2023-2027, pretende converterse na folla de ruta a seguir en cuestións como promoción do emprego, crecemento económico, inclusión social e desenvolvemento local nas zonas rurais comprendidas nos 10 concellos do territorio do Grupo de Desenvolvemento Rural.
Serán dúas sesións de traballo que se celebrarán na Sala de Formación do Polo de Empredemento no Polígono de Pazos (Verín) e que estarán abertas á participación activa de todos os grupos de interese, de tal forma que teñan voz na identificación de problemáticas, necesidades e retos de futuro do territorio, así como no deseño da planificación estratéxica.
Estas sesións terán lugar o vindeiro martes 8 de novembro
Na primeira sesión que se desenvolverá de 16:00h a 18:00h detectaránse as necesidades dos sectores agroforestal e gandeiro
Na segunda en horario de 18:30h a 20:30h será o turno das do ámbito social, cultural, empresarial e turístico.
As persoas ou entidades interesadas en participar poden confirmar a súa asistencia a través do correo electrónico asociacionmonteval@gmail.com ou no teléfono 988590233.