Xornada informativa Axudas de GAIN para as empresas
A Xunta de Galicia e a Confederación Empresarial de Ourense xunto con AEVER organizan á xornada informativa para presentar as novas axudas públicas Innova Peme e Deseña Peme da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás empresas, que terá lugar o vindeiro luns 2 de maio ás 12:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Verín en formato híbrido (presencial e online).
Este encontro contará coas intervencións de Gerardo Seoane, Alcalde do Concello de Verín, Patricia Argerey, Directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), María Sol Novoa, Presidenta da CEO, a Directora da área de servizos de GAIN, Patricia Fernández, e a Técnica da área de servizos de GAIN, Patricia López.
Non está previsto que se realicen outras xornadas deste tipo na provincia, remarcar a importancia destas xornadas para coñecer en detalle estas axudas e as oportunidades que a innovación ofrece ás empresas. Durante a xornada os asistentes terán ocasión de trasladar as cuestións que consideren de interese e recibir asesoramento individual na sesión posterior de networking sobre innovación e a súa implantación na empresa.
Para asistir en calquera das dúas modalidades, é necesario cumprimentar o formulario que atopará na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfZKpYxzkaNpTZW4_Dm1rL4m1zw0qDp3ouQoySiDBuJNnYPoA/viewform
Esperamos que esta iniciativa sexa do seu interese.