2º Encontros Participativos Estratexia Vitivinicola
Xa están validadas as datas para os segundos encontros participativos, para deseñar a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia en cada un dos Consellos Reguladores.
No caso da DO Monterrei sería o:
Martes 24 de Marzo ás 10 da maña. Sede do GDR-9 no Centro de desenvolvemento Cooperativo do Polígono de Pazos en Verín.
Neste 2º encontro, que terá un carácter propositivo, queremos definir de xeito participativo medidas e accións que poidan ser incluídas na Estratexia. O obxectivo é resolver problemáticas ou reforzar aqueles aspectos positivos, que foron detectados nos primeiros encontros de diagnose realizados a finais do ano pasado e do cal achegamos un documento resumo.