Axudas a proxectos de investimento en actividades non agrícolas 2018-2019
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ven de publicar no DOGA, (29/01/2018) a convocatoria de axudas para adquisición de equipamentos produtivos e a execución de obras necesarias para a súa instalación, destinadas para pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias.
Destacables da Orde:
Prazo de presentación (30/01/2018 – 28/02/2018)
Persoas beneficiarias:
- As microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais
- Persoas físicas que residan nunha zona rural.
- Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar.
Os gastos que serán subvencionables:
- Compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para o seu desenvolvemento.
- Execución de obras e/ou instalacións encamiñadas á mellora ou ampliación de edificacións existentes na empresa que sexan necesarias para a instalación e funcionamento da maquinaria adquirida. O importe máximo subvencionable para este concepto non superará o 50 % do total dos gastos subvencionables, ata o límite de 100.000 €.
Enlaces as bases en pdf e áo DOGA
Axudas para proxectos de investimento en actividades non agrícolas
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180129/AnuncioO90-271217-0001_gl.html
Enlace a sede para tramitación
MR708B - Subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas