Asociación Monteval GDR-9

Axudas a proxectos de investimento en actividades non agrícolas 2018-2019

 

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ven de publicar no DOGA, (29/01/2018) a convocatoria de axudas para adquisición de equipamentos produtivos e a execución de obras necesarias para a súa instalación, destinadas para pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias.

Destacables da Orde:

Prazo de presentación (30/01/2018 – 28/02/2018)

Persoas beneficiarias:

  1. As microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais
  2. Persoas físicas que residan nunha zona rural.
  3. Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar.

Os gastos que serán subvencionables:

  1. Compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para o seu desenvolvemento.
  2. Execución de obras e/ou instalacións encamiñadas á mellora ou ampliación de edificacións existentes na empresa que sexan necesarias para a instalación e funcionamento da maquinaria adquirida.  O importe máximo subvencionable para este concepto non superará o 50 % do total dos gastos subvencionables, ata o límite de 100.000 €.

Enlaces as bases en pdf e áo DOGA

Axudas para proxectos de investimento en actividades non agrícolas

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180129/AnuncioO90-271217-0001_gl.html

Enlace a sede para tramitación

MR708B - Subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas

Deja un comentario