Convocatoria Leader 2023-24

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ven de publicar hoxe no DOG unha nova convocatoria leader (19.2) con cargo ao PDR 2014-20

Convocatoria Leader 23-24

O máis reseñable:

1. Esta resolución ten como obxecto convocar, mediante tramitación anticipada de gasto, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2023 e 2024, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local)

2. Esta convocatoria está sometida ás bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedida 19.2) (As mesmas da anterior convocatoria)

3. O código do procedemento que corresponde a esta convocatoria é MR701D

4. O Prazo da convocatoria xa está aberto e pechará o 31 de Xaneiro do 2023 as (23:59) Lembrade que é polo uso da sede electrónica.

Os Orzamentos desta convocatoria para Monteval:

Anualidade 2023 (€)               Anualidade 2024 (€)                  Total Anualidades 2023-2024 (€)

128.148,88                                  512.595,53                                                640.744,41

Convocatoria

Deja un comentario