CURSO DE PODA DE CASTIÑEIROS PARA PRODUCIÓN DE FROITO

Comezamos cos cursos que temos programados para este ano 2018 no noso plan de formación.

Recordarvos que están destinados para incrementar a empregabilidade da poboación activa do territorio e coa finalidade de mellorar a capacitación para o emprego.

 

CURSO PODA DE CASTIÑEIROS PARA PRODUCIÓN DE CASTAÑA DE CALIDADE

 

Os temas a tratar neste obradoiro serán os seguintes:

  • Manexo dos soutos para a produción de castaña de calidade.
  • Introdución á fitopatoloxía dos castiñeiros.
  • Sistemas de poda para produción de froito.
  • A Poda de formación.
  • A Poda de mantemento.
  • Manexo e seguridade no uso da motoserra.

Este curso terá un carácter eminentemente práctico. A duración do mesmo será de 20 h distribuídas en 5 sesións de 4 horas.

LUGAR: CASA DA CULTURA VILARDEVÓS

COMEZO: 4 DE ABRIL DE 2018 PRESENTACIÓN 16:00

INSCRICIÓN GRATUÍTA NAS OFICINAS DE MONTEVAL   OU NO TLF: 988590233 ou NO PROPIO CONCELLO

Deja un comentario