Estreamos nova web en Monteval

Benvidos a nova web da Asociación Monteval GDR-9.

Abrimos esta nova canle de comunicación para todo aquel que requira información, asesoramento e xestión das axudas do Plan Leader 2014-2020. A traves das páxinas de novas e eventos poderedes cosultar todas as novidades, charlas, e demáis acontecementos nos que participemos.

Xa levamos dende que comezou o ano coa campaña informativa polos concellos incluidos no Grupo de Desenvolvemento Rural 9 (A Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oimbra, Riós, Verín e Vilardevós).

Para calquera dúbida ou requerimento tedes aquí toda a información de contacto. Estamos no Centro de desenvolvemento coopertativo de Verín, Polígono industrial de Pazos - Nido 2. De luns a venres, de 9:00 a 14:30.

Deja un comentario