GALA PRESENTACIÓN DE «NÓS»

O Auditorio de Verín acollerá a presentación de “NÓS”, un proxecto audiovisual realizado polo GDR Monteval e ideada e producida por Claqueta Coqueta da man do seu director Rubén Riós.
“NÓS”, concebido coma unha curta documental ligada a unha webserie, apóiase en tres pilares básicos da realidade do noso rural: a infancia, os retornados e os nosos maiores. Os máis cativos como a esperanza e o xerme do futuro no rural, os retornados pola complicada situación que estamos a vivir e os maiores coma unha homenaxe a toda unha vida vivindo nesta contorna.
A cita será o próximo domingo, 12 de decembro ás 19,00 horas.
No acto, Cáritas Parroquial de Verín, realizará unha recollida de alimentos e xoguetes.
AGARDÁMOSTE!  Non podes faltar! 👇👇👇
 Ademais poderás colaborar coa mellor das causas

Deja un comentario