O Rural Vive, Vive o Rural

Hoxe é un día importante para os 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia porque lanzamos a campaña "O rural vive, Vive o rural", coa que pretendemos seguir reivindicando o protagonismo do territorio rural galego, darlle un novo pulo á posta en valor da súa riqueza e dos seus atractivos e contribuír á súa reactivación económica e social tras a Covid-19. Nos vindeiros días, semanas e meses iremos compartindo moitas novidades, iniciativas e proxectos que demostran que O RURAL VIVE. Agardamos que nos acompañedes neste novo camiño e que vos animedes tamén a VIVIR O RURAL.

#OruralviveViveorural #GruposdeDesenvolvementoRuraldeGalicia

 #Galicia #GDR #Leader #FEADER #Europainvistenorural

Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia

Deja un comentario