Asociación Monteval GDR-9

PROXECTOS CORRESPONDENTES Á PRIMEIRA CONVOCATORIA 2018 CON INFORME FAVORABLE


Xa temos o listado de proxectos desta primeira convovatoria do 2018, que rematou o pasado 2 de Abril, este listado inclúe, os proxectos presentados na primeira convocatoria e que recibiron a aceptación por parte de AGADER.

Foron tramitados 27 expedientes, 24 teñen unha valoración positiva, e os 3 restantes non alcanzaron a consideración de subvencionable.

Suman mais de 3 millóns de euros en solicitudes, un 88% dos proxectos de carácter produtivo e un 12% non produtivo (público e privados).

Na próxima Xunta directiva do mes de Xullo, serán expostos estes proxectos e serán seleccionados os expedientes que recibirán as axudas este ano.


Deja un comentario